Imaxina Sons en Vigo, 5º festival de Jazz

Festival de jazz en Vigo, 2009

IMAXINA SONS VIGO 2009
Ao asexo de novas propostas que amplíen o abano de estilos da linguaxe do jazz, o festival Imaxina Sons chega á quinta edición. Desde 2005 na procura dos movementos e das innovacións no contexto europeo, peninsular e galego como trazo de identidade.

Imaxina Sons, como o seu nome xa indica, xurdiu para sorprender e arriscar, cunha filo sofía propia e singular que provocou desde os seus inicios moitos parabéns e que o converteu nun punto de referencia do jazz peninsular. Lonxe da autocompracencia, Imaxina Sons medra para ofrecer en 2009 unha nova proposta de jazz, esa linguaxe de carácter indomable imposible de acalmar.

Atender as demandas das e dos afeccionados, servir como escaparate do jazz máis próximo e vangardista, acadar a implicación da cidadanía e captar a atención da crítica especializada. Eses son os cimentos sobre os que naceu o Imaxina Sons.

Cinco edicións do festival Imaxina Sons e cinco edicións tamén para o jazz feito aquí. O jazz galego dialoga na programación do festival en igualdade de condicións có resto das propostas chegadas de toda Europa porque Imaxina Sons non só acredita o jazz que se coce aquí, senón que é unha das súas razóns de ser.

Imaxina Sons propón jazz para o verán de Vigo. Na sala de concertos e na rúa. No teatro e na praza. Nomes imprescindibles para entender os novos roteiros desta linguaxe ousada compoñen unha programación de concertos e actividades complementarias que de seguro farán que esta edición sexa referencia obrigada para o público jazzeiro e a cidadanía en xeral. O festival quere celebrar con todos eles os seus cinco primeiros anos imaxinando e compartindo sons.

PROGRAMACIÓN:

SÁBADO 6 DE XUÑO
"IMAXINA NA RÚA"
Orquestra A Tempo. Escola de Música (Pontevedra)
Prazas e rúas da cidade. 11,30h, 13,00h, 17,30h e 19,30h.
SÁBADO 20 DE XUÑO
"IMAXINA NA RÚA"
Escola Municipal de Música de A Coruña.
Prazas e rúas da cidade. 11,30h, 13,00h, 17,30h e 19,30h.
XOVES, 25 DE XUÑO
PASACALLES PAPA SWING
13 horas: Peatonal do Calvario;
19 horas: C.C. Camelias-Praza América;
21 horas: Príncipe e a súa contorna
22,00 h Concerto de inauguración: Charles Lloyd Quartet - Rabo de Nube
Teatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova.
00,30 h CICLO "JAZZ NA NOITE" Pub Quomo.
Swing Session Quintet
VENRES, 26 DE XUÑO
PASACALLES PAPA SWING
13 horas: Independencia-Praza América-Praza Emigrante;
19 horas: C.C. Praza Elíptica e a súa contorna;
21 horas: Praza Compostela-Montero Ríos
20,30 h Jacobo de Miguel & Tom Risco - Dúo
Rita Marcotulli - Homenaxe a Pink Floyd
Auditorio "Martín Códax" do Conservatorio Superior de Música.
01,30 h CICLO "JAZZ NA NOITE"XancaraJazz.
Paco Dicenta Jazz Qüartet
SÁBADO, 27 DE XUÑO
PASACALLES PAPA SWING
13 horas: Príncipe e a súa contorna
19 horas: C.C. Travesía e a súa contorna
21 horas: Peatonal do Calvario
20,30 h Josetxo Goia-Aribe - La Orquesta Jamalandruki
Anouar Brahem - Le Voyage de Sahar
Auditorio "Martín Códax" do Conservatorio Superior de Música.
01,30 h CICLO "JAZZ NA NOITE" XancaraJazz.
Paco Dicenta Jazz Qüartet
DOMINGO, 28 DE XUÑO
PASACALLES PAPA SWING
13 horas: Alameda de Bouzas
19 horas: Verbum-Samil
21 horas: Praza Constitución e a súa contorna
19,30 h O.M.E.G.A - Orquestra de Música Espontánea
de Galicia dirixida por Fred Frith
Auditorio "Martín Códax" do Conservatorio Superior de Música.
22,00 h Miroslav Vitous - Remembering Weather Report
Teatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova.
LUNS, 29 DE XUÑO
20,30 h MESA REDONDA/CONFERENCIA
Presentación do libro Improvisación libre. La composición en movimien-
tode Chefa Alonso. Participan a autora e o compositor e pianista Agustí
Fernández.
Salón de actos do MARCO.
21,30 h Fred Frith & Lucia Recio
Salón de actos do MARCO.
23,00 h CICLO "JAZZ NA NOITE" Contrabajo.
U-lo Trío?
MARTES, 30 DE XUÑO
11,00-13:30 hMASTER CLASSFred Frith
Conservatorio Superior de Música.
20,30 h MESA REDONDA/CONFERENCIA
Anécdotas jazzísticas-Segunda parte. Mesa redonda coa participación
dos críticos Juan Claudio Cifuentes, director do programa Jazz porque sí
(RNE) e Javier de Cambra, colaborador do programa Soniderosde Radio
3 (RNE) e crítico de jazz de La Razón.
Salón de actos do MARCO.
21,30 h Agustí Fernández
Salón de actos do MARCO.
23,00 h CICLO "JAZZ NA NOITE"Contrabajo.
U-lo Trío?
MÉRCORES, 1 DE XULLO
20,30 h MESA REDONDA/CONFERENCIA
Cinco edicións de Imaxina Sons. Os desafíos dun festival de jazz. Mesa
redonda coa participación de Baldo Martínez, director artístico do festival
e os críticos Tomás Sendón e Alejandro Cifuentes
Salón de actos do MARCO.
21,30 h Marc Ducret
Salón de actos do MARCO.
23,00 h CICLO "JAZZ NA NOITE"Contrabajo.
Organic Collective
XOVES, 2 DE XULLO
PASACALLES ALWAYS DRINKING MARCHING BAND
13 horas: Mercado de Teis e contorna de Sanjurjo Badía
19 horas: Centro Comercial Gran Vía
21 horas: Príncipe e a súa contorna
21,00 h CMS. Colina-Miralta-Sambeat
Teatro Salesianos .
23,00 h Napoleon Murphy Brock - Low Budget Research Kitchen
Projecto Zappa
Praza do Rei.
00,30 h CICLO "JAZZ NA NOITE"Pub Quomo.
Dorian Gray Quartet
VENRES, 3 DE XULLO
PASACALLES ALWAYS DRINKING MARCHING BAND
13 horas: Peatonal do Calvario
19 horas: Montero Ríos-Praza de Compostela
21 horas: Centro Comercial A Laxe
21,00 h Andreas Willers - Montauk
Teatro Salesianos .
23,00 h Pepe Evangelista - Teima
Santiago de la Muela Jazz Orchestra
Praza do Rei.
01,30 h CICLO "JAZZ NA NOITE"XancaraJazz.
Ángeles Dorrio Cuarteto
SÁBADO, 4 DE XULLO
11,00-13:30 h MASTER CLASSNils Wogram
Conservatorio Superior de Música.
PASACALLES ALWAYS DRINKING MARCHING BAND
13 horas: Praza de América e a súa contorna
19 horas: Príncipe-Urzaiz-Gran Vía (diante do Corte Inglés)
21 horas: Praza da Constitución e a súa contorna.
21,00 h Lucas Niggli - Big Zoom
Teatro Salesianos.
23,00 h Carlos López - Last Minute / Omar Sosa - Afreecanos
Praza do Rei.
01,30 h CICLO "JAZZ NA NOITE"XancaraJazz.
Ángeles Dorrio Cuarteto
DOMINGO, 5 DE XULLO
PASACALLES ALWAYS DRINKING MARCHING BAND
13 horas: Alameda de Bouzas
19 horas: Verbum-Samil
21 horas: Praza da Independencia e a súa contorna
19,30 h Abe Rábade - Open Doors
Teatro Salesianos.
22,00 h Concerto de clausura
Vienna Art Orchestra - Third Dream
Teatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova.